Cabeceira

lunes, 14 de marzo de 2011

Saída a Santiago de Compostela "Rueiro de Consumo"

Esta saída terá lugar o vindeiro martes 15 de marzo e será de 9.00 h ata as 14.00 h, momento no que se ten previsto chegar ao centro no autobús.

En que consiste?

É unha actividade adaptada a cada nivel escolar na que os nosos nenos e nenas terán que traballar cuestións de consumo en divesos ambientes creados de maneira artificial polos organizadores, a Escola Galega de Consumo: comprar nun mercado, en tendas diversas, aprender a observar e comparar para diferenciar prezos, calidades, etc.

Lugar: Área Central de Santiago.
Saída: 9.15 desde o centro.
Merenda: levarán a merenda como calquera outro día nunha mochila e a tomarán en Santiago, antes do comezo da actividade, sobre ás 10.30.
Horario da actividade: A actividade dará comezo ás 11.00h e rematará ás 12.30h.
Regreso: A partires das 12.30h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario