Cabeceira

martes, 26 de octubre de 2010

Animais salvaxes

Distingue entre animais domésticos e salvaxes

Animais domésticos e salvaxes

Distingue entre os diferentes animais deste xogo se son domésticos e salvaxes. Lembra a diferenza que hoxe vimos en clase.

Animales domésticos e salvaxes. VÍDEO

Domésticos



Salvaxes

sábado, 23 de octubre de 2010

Os ósos e o esquelete humano. VÍDEO

Parte 1



Parte 2



Parte 3

jueves, 21 de octubre de 2010

Operacións sinxelas I

Nesta actividade tedes unha serie de sumas e restas para contestar rapidamente e poñer a proba o vosa habilidade mental.

O xogo da tres solucións posibles, tedes que escoller só unha. Seredes quen de contestar todas ben?

Ao final da actividade, hai un botón que pon puntuación. Canto rematedes de contestar todas, se facedes clic alí, saberedes que nota sacastes.

Despois fai un comentario e publica a túa nota.

PALABRAS SINÓNIMAS I

As palabras sinónimas son palabras distintas que teñen o mesmo significad .

Por exemplo: colexio - escola

A ver se sodes capaces de unir todas estas.
Sorte!
 

miércoles, 20 de octubre de 2010

A respiración

Parte 1



Parte 2



Parte 3

lunes, 18 de octubre de 2010

CONTO: 1,2,3... ¡cerditos!

Aquí vos deixo un novo conto!

jueves, 14 de octubre de 2010

A LETRA "C" E A LETRA "QU"

Cando se emprega C e cando se emprega QU? Fai clic no debuxo para xogar.

domingo, 10 de octubre de 2010

PALABRAS ANTÓNIMAS I

Aquí vos vai un xogo para que relacionedes palabras antónimas entre si.

Lembrade que unha palabra antónima é aquela palabra que significa precisamente o contrario doutra.

Por exemplo: bonito - feo
Xa me contaredes se o fixestes ben!

Facemos ponte!


Lembrade que mañá, luns 11 de outubro, non haberá cole, xa que o centro escolleu este luns como un día festivo por conveniencia pedagóxica. Aproveitade para descansar, gozar da natureza e tamén para xogar co blog un pouquiño.


O mércores 13 de outubro haberá xa clase con total normalidade.

viernes, 8 de octubre de 2010

Blog da clase de 5º

SABEDES?
Na clase de 5º tamén teñen un blog. Podedes entrar e facer comentarios aos vosos compañeiros/as do cole e dicirlle que nós tamén temos un.
Seguro que poderemos aproveitar algún xogo que poñan...

martes, 5 de octubre de 2010

Números perdidos (suma e resta)

Axúdalle ao noso amigo Hexamano a resolver as súas dúbidas respecto ás sumas e restas!!

Primeiro proba coas sumas e logo coas restas!

Signos de interrogación e exclamación


O obxectivo do seguinte xogo e colocar as oracións no seu lugar correspondente tendo en conta a imaxe que aparece debaixo.

ATENCIÓN: debes diferenciar entre as oracións que teñen os signos de interrogación (¿?) e os de exclamación (¡!).

sábado, 2 de octubre de 2010

Construción dun tren


Outro xogo de plástica para que vos divirtades o fin de semana.

Seredes quen de construír este tren?

Conto: "La bella dormilona"