Cabeceira

viernes, 26 de noviembre de 2010

Palabras en masculino ou feminino

Coloca os substantivos no seu lugar correspondente segundo sexan palabras masculinas ou femininas. LEMBRA: Aquelas que poden levar o artigo "o" ou "un" son masculinas (o cadelo / un cadelo) e as que poden levar o artigo "a" ou "unha" son femininas (a tesoira / unha tesoira).

Singular e plural


Esta é unha actividade para diferenciar as palabras que están en singular ou en plural.
Lembra o seguinte:
Singular: refírese a unha cousa. Por exemplo: gato.
Plural: refírese a dúas o máis cousas. Por exemplo: gatos.

martes, 23 de noviembre de 2010

Proxecto os animais. Animais vertebrados e invertebrados (Miniquest)

Nesta clase aprenderemos a diferenciar os animais vertebrados e invertebrados. Para iso, terás que acceder as distintas páxinas webs que se presentan, ver os vídeos e xogar aos xogos. Terás que contestar as seguintes preguntas:
  1. ¿Cal é a diferencia entre un animal vertebrado e invertebrado?
  2. ¿En que cinco grupos se poden clasificar os animais vertebrados?
  3. ¿Cantos grupos hai de animais invertebrados? ¿Cales son?
  4. Indica un exemplo de animal dos diferentes cinco grupos dos animais vertebrados.
  5. Indica un exemplo de animal dos diferentes dous grupos dos animais invertebrados.

WEBS para investigar:
VÍDEOS

ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS


 

Xogo animais vertebrados e invertebrados

jueves, 18 de noviembre de 2010

martes, 16 de noviembre de 2010

O noso corpo

Navegando por internet, mirade que xogo máis interesante atopei sobre o corpo humano!

Agardo que vos guste e que todavía lembredes a maior parte das cousas!

Resta con levada

Probade a resta levando neste xogo!

Agardo que as saibades facer todas ben.

Lembrade o sistema dos préstamos.

SUMAS CON LEVADA


Para que non esquezades as sumas con levada que traballamos durante as últimas semanas, aquí tedes un xogo para sumar no ordenador.
 
TEDES QUE FACELAS TODAS BEN!

O nome e o adxectivo

Este xogo é unha actividade de Jclic para traballar o nome e o adxectivo.
Recorda que o nome é un tipo de palabra que serve para identificar cousas, animais, persoas, lugares...
O adxectivo é un tipo de palabra que serve para dar caracterísiticas dos nomes.
 
Exemplo: A nena alta.
 
O nome nesta frase sería nena e o adxectivo alta.
 
Por certo, ao nome tamén se lle chama substantivo!

jueves, 11 de noviembre de 2010

CON B OU CON V?


Con que letra se escriben as seguintes palabras? Serán con B, ou serán con V? Terás que competir co noso amigo SABUESO nunha carreriña. Quen chegará antes a meta?

El artículo: el / la / los / las

Xa coñecemos tres tipos de palabras verdade?
O nome, que serve para identificar obxectos, animais, cousas, persoas, lugares...
Por exemplo: gato, mesa, montaña...

O adxectivo, que é un tipo de palabra que serve para dar características do nome
Por exemplo: grande, pequeno, bonito...

O artigo, que é un tipo de palabra que normalmente acompaña o nome para non falar coma os indios.
Por exemplo: El (en español) O (en galego).

El gato grande / O gato grande.
En este juego vamos a trabajar con el artículo en español. Para eso debes completar los espacios con los artículos El / La / Los / Las. Ya verás que fácil es.

martes, 2 de noviembre de 2010

Proxecto os animais. A alimentación dos animais

Consulta as seguintes páxinas webs, vídeos e xogo e da resposta a estas cuestións:
  • Según a súa forma de alimentarse, como poden clasificarse os animais?
  • Por que dicimos que un animal é omnívoro?
  • Escribe tres exemplos de animais de cada un dos grupos.
  • Cal é a diferenza entre carroñero e depredador?
  • Que atopaches raro no xogo?
PÁXINAS WEB:

  • TIPOS DE ANIMAIS SEGÚN A SÚA ALIMENTACIÓN