Cabeceira

martes, 28 de septiembre de 2010

Maiúscula e punto


Neste novo xogo teredes que colocar 4 puntos ao final dunha frase e cambiar 4 palabras que están en minúscula e deberían estar en maiúscula.
Antes de facelo pensa nos casos que se deberían colocar maiúscula e punto.
Ánimo, seguro que non cometedes ningún erro.

O CORPO HUMANO -MÚSCULOS E ÓSOS-

Hoxe tamén aprendemos algúns dos nosos músculos principais. No seguinte xogo podedes comprobar canto sabedes sobre o corpo humano.

Hai algún músculo ou óso novo que non vimos en clase? Cal é a función principal dos músculos? É a dos ósos?

O ESQUELETE HUMANO

Hoxe traballamos na clase de coñecemento do medio o esquelete humano. O profe dixo que tiñamos ata 206. Son moitos, verdade? Aprendemos o nome dos ósos máis importantes do corpo. Aquí deixamos unha foto deles para que non se nos esquezan. Se queres aprender máis ou xogar con eles, fai clic nalgunha das seguintes ligazóns:


esquelete2 esquelete

jueves, 23 de septiembre de 2010

Conto Interactivo: Caperucita sin capucha


Fai clic no debuxo para interactuar con este conto. Agardo que vos guste.

Números pares e impares

Neste xogo teredes que idenfiticar os números pares e impares.
Recordade que os pares son aqueles que rematan en: 0, 2, 4, 6 e 8.
Os números impares son os que rematan en: 1, 3, 5, 7 e 9.
Ademais tratade de pensar no número de centenas, decenas e unidades que ten cada número, ademais de dicir en alto que número é.
Non dubidedes en escribir no apartado de comentarios.

Unidades, decenas e centenas


Hoxe por fin vos podo poñer unha actividade sobre as unidades, decenas e centenas. Para para xogar, unha vez que fagas clic no debuxo da dereita, terás entrar no xogo que se chama LA LOTERÍA. Xa me contaredes que tal!

Agardo os vosos comentarios!

sábado, 18 de septiembre de 2010

Cal é o teu nivel resolvendo sumas?

No seguinte xogo poderedes amosar a vosa habilidade mental sumando. Hai cinco niveis diferentes, a ver a cal sodes capaces de chegar! Ollo! en cada nivel as sumas son máis difíciles e hai menos tempo para contestar. Sorte!

Prendas e cores

Un xogo de plástica!

A ver que tal se vos da! Tedes que vestir a estos nenos segundo o exemplo.

jueves, 16 de septiembre de 2010

A oración

Hoxe traballamos na clase de galego a oración. Recordade que tamén lle chamaremos frase.
Aquí tedes un xogo para que practiquedes construíndo diferentes oracións.

Lembrade que a frase é un conxunto de palabras que teñen un significado. Comeza por maíuscula e remata con un punto.

Reunión de pais e nais


O vindeiro martes 21 de setembro, de 17.30 a 18.30, terá lugar a reunión inicial de nais e pais co profesorado que imparte na aula de 2º curso. Agardamos a vosa presenza.

Os nenos e nenas levarán unha nota informando de tal reunión, pero por se acaso, correde a voz...

Saúdos.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Xogos de repaso

Hoxe imos aprender como funciona este blog. Para empezar, vos propoño unha actividade na que tedes que facer sumas e restas calculando mentalmente. Para poder xogar, facede clic enriba da imaxe. So podedes xogar con VELILA E MONOJO, xa que HEXAMANO é para multiplicar.

Xogos de repaso 2

Tamén vos deixo un xogo do abecedario, para comprobar se lembrades as vogais e consoantes…


Horario 2º curso





viernes, 3 de septiembre de 2010

Benvidos/as ao curso escolar 2010-11


O vindeiro venres 10 de setembro dará comezo o novo curso escolar. Agardamos que xa recargarades as pilas no verán e que teñades gañas de comezar. Gozade destes últimos días de vacacións que o cole pronto comeza...